Chámome Xosé Lois Rodríguez Martín (A Coruña - España) e esta páxina web está adicada a miña colección de latas de cervexa, nestes intres ronda as 3041 latas de 115 países. Se queres trocar visita o apartado de Colección / Trocar e falamos.

O seu nacemento foi no verao de 1993, por aquelas iniciaba meus estudios en Lugo e compartía piso con dous amigos (Eduardo e Hugo). Pódese dicir que estos compañeiros de mil e unha parranda tamén son os pais da colección.

 

Todo comenzou porque nos apetecía unhas cervexas para cear. As primeiras latas foron Lowenbraü, Fosters e Bavaria colocáronse nun aparador, nun principio porque eran bonitas e por darlle certo ambente o salón. Nas seguintes mercas cotidiás fomos xuntando latas diferentes, as que atopábamos nos supermercados. Ó longo do curso chegamos a xuntar unhas 50 latas. Ó rematar o curso levéime a colección a miña casa e dende aquelas están conmigo.

Dende finales do 2001 retomei a colección e elaborei este sitio web, o que servíume para coñecer a outros coleccionistas do mundo, con estes contactos comenzei a aprezar este hobbie do coleccionismo de latas de cervexa. Desta xente que vou coñecendo só podo dicir que son boa xente.

Dende o ano 2006 son socio de CELCE nº 271.

 

English

Español